Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 8 de marzo

Todo o día
En Berlín, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participa na feira internacional de Turismo de Berlín (ITB).

10.00 h
En San Roque, o alcalde compostelán, Ángel Currás, visita a praza de San Roque, con motivo das obras de remodelación que se levaron a cabo, acompañado pola concelleira de Urbanismo, María Pardo.

10.15 h e 12.00 h
No Auditorio de Galicia concerto Didáctico arredor das matemáticas: 'O piano e as matemáticas' con música de 'Music for 88' de Tom Johnson interpretada por Nicasio Gradaille.

10.00 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Salgueiriños, a concelleira de Muller, María Castelao, asiste á inauguración da Xornada da Muller Traballadora con discapacidade, organizada por Cermi Galicia.

11.20 h
No IES Xelmírez II, a concelleira de Muller, María Castelao, asiste ao acto de presentación da exposición fotográfica realizadas polos alumnos de 1º da ESO con motivo do Día Internacional da Muller.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Catedral, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luis Bello, asisten aos actos con motivo do patrón dos Bombeiros, San Xoán de Deus, e ao posterior acto de confraternización no parque.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste ao acto de entrega de vehículos a 8 entidades de persoas con discapacidade intelectual de Galicia, co obxectivo de paliar a dispersidade xeográfica e facilitar o transporte adaptado de persoas con maiores problemas de mobilidade.

17.00 h
No salón nobre de Fonseca, a concelleira de Muller, María Castelao, asiste ao acto conmemorativo do Día Internacional da Muller que organiza a Oficina de igualdade de xénero da USC.

20.00 h
No salón vermello do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o acto de homenaxe a tres mulleres con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, organizado pola Concellería da Muller.

20.30 h
Microteatro na Regadeira de Adela. Primeiro asalto da obra "Faust Box" de UT-Tópico Teatro que poderá verse completa na Zona C no mes de abril.

20.30 h
Na Zona C, 'Escenas poéticas 2', con 'Desassossego de Dandylady', dentro de 'Teatro&danza'. É un recital musical-teatral sobre o desacougo.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto do programa de abono dirixido por Paul Daniel no que se interpretarán obras de Wagner, Soutullo e Chaikovski.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto Función Colectiva Festival Atlántica: Día Internacional das Mulleres: Unha sesión chea de historias de mulleres. Festival de Narrración Atlántica / Falabaratos.

Compartir: