Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 4 de marzo

9.00 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, preside a Comisión executiva da devandita entidade. A continuación, Consello de Administración. Declaración ao remate. (13.00 h aprox).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, acompañado por Miguel Costas e a súa banda, para presentar o concerto deste último na Sala Capitol o domingo 10 de marzo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a nova imaxe da Concellería de Centros Socioculturais.

20.00 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o acto de entrega dos trofeos á Deportividade.

Compartir: