Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 22 de marzo

10.30 h
En Benestar (Galeras), a concelleira de Educación, María Castelao, reúnese co director do CEIP López Ferreiro, Lois Trigo.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o I Campionato de Atletismo Fontes do Sar.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na praza das Praterías, a concelleira de Educación, María Castelao, participa en Percusionatta, un programa para escolares dentro da iniciativa "Vive a Paixón" onde os nenos tocarán cun instrumento de percusión improvisado durante 15 minutos.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, xunto coa xerente de Turismo de Santiago, Maruxa Ledo, para presentar os novos servizos web para os aloxamentos da cidade.

13.00 h
En Benestar (Galeras), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese co director de Proxecto Home, Ramón Gómez Crespo.

19.30 h
Na Igrexa de Santa María do Camiño, Jiří Bárta, violonchelo, ofrece un recital de música contemporánea checa para violoncello en Músicas Contemplativas.

20.00 h
No CGAC, o concelleiro Luis Bello asiste á inauguración da exposición de James Welling "The mind on fire".

22.00 h
Na Igrexa da Universidade, Jiří Bárta, violonchelo e Milan Svodoba, piano, presentan Jazz Bach, fusión barroco e Jazz, en Músicas Contemplativas.

Compartir: