Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 14 de marzo

9.45 h
No Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (rúa de San Roque, 2), o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a xornada "Análise da aplicación das novas tecnoloxías á arqueoloxía. A problemática da divulgación", organizada polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España en colaboración co Concello. Programa:
10.00 h
Tecnoloxía, comunicación e xestión dos proxectos de política cultural. Novas posibilidades nos modelos de financiamento e comunicación.
Jordi Pardo Rodríguez. Fundación Barcelona Media.
12.00 h
Arqueoloxía virtual: documentación, conservación e difusión do patrimonio na era dixital.
Alfredo Grande León. Sociedade Española de Arqueoloxía virtual.
16.00 h
Arqueoloxía virtual versus reconstrución histórica.
Joan Santacada Mestre. Universidad de Barcelona.
17.45 h
As TIC na museografía arqueolóxica.
Rafael Azuar Ruiz. Museo Arqueológico de Alacante.
19.15h
Debate e clausura.

11.00 h
Varios xogadores da selección española de rugby visitan os colexios La Salle, Manuel Peleteiro, Cluny e Compañía de María.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
A concelleira de Educación, María Castelao, visita o CEIP da Sionlla e reúnese co equipo directivo.

17.30 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os voluntario do Refuxio de Bando.

19.30 h
No IES Rosalía de Castro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á entrega dos premios Arcebispo San Clemente.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, o viola Lawrence Power "un instrumentista equilibrado e elegante" coa Real Filaharmonía de Galicia e dirixidos por Christoph Köning, interpretarán un programa con obras de Bowen e Dvorák.

21.00 h
No Teatro Principal, en Íntimo&Acústico, regresa tres anos despois a Compostela Sr. Chinarro, o grupo formado en Sevilla nos 90, co seu son recoñecible e irremplazable son.

Compartir: