Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 5 de novembro

11.00 h
Na rúa Ildefonso Sánchez Mera (Volta do Castro), a concelleria de Benestar Social, María Castelao, visita o Banco de Alimentos.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Ángel Currás; o director-xerente do Auditorio, José Víctor Carou; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; a xerente do Consorcio, María Antón; e o director de Cineuropa, José Luis Losa, para presentar a 27 edición de Cineuropa que se celebrará na cidade do 7 ao 29 de novembro.

17.00 a 20.30 h
Semana de Agustín Magán Blanco
No CSC de Santa Marta, obradoiros para nenos/as en torno á figura de Agustín Magán e a historia de Ditea.

20.30 h
No Csc das Fontiñas, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugura a exposición "Os cines de Compostela, fotogramas da nosa historia", dentro de Compostela Cine Classics 2013. Ata o 30 de novembro.

Compartir: