Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 3 de outubro

11.00 h
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, inaugura a exposición das novas creadoras María Neira Nogueiras, Ángela Brea Fernández e Isabel Pazos Pose "DALÍ E DAQUÍ".

11.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe unha delegación de arquitectos da República Dominicana.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, mesa redonda falando de cine e animación: os debuxos animados galegos, dentro de Compostela Cine Classics 2013. Relatores: Fernando Cortizo (director e guionista, O Apóstolo), Ángel de la Cruz (director e guionista, Arrugas), e Tomás Conde e Virginia Curiá (Algarabía Animación).

Compartir: