Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 26 de outubro

11.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), acto de entrega das placas de Honor da Orde do Mérito Civil ás entidades, asociacións, agrupacións e organismos oficiais (49) que participaron nos labores de rescate das vítimas do accidente ferroviario ocurrido en Angrois. Asisten o alcalde de Santiago, Ángel Currás; a ministra de Fomento, Ana Pastor; o ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación, José Manuel García-Margallo; e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

13.00 h
Na Casa do Concello (Alcaldía), o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o conselleiro de Cultura, Turismo e Promoción do Territorio da Comune di Rieti, Diego Di Paolo.

16.00 h
No Campo Municipal de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ao partido da Liga Nacional Xuvenil entre o Santiago de Compostela CF e o RC Celta.

19.30 h
No Centro Sociocultural da Rocha, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asiste ao magosto organizado pola Asociación Cultural Rocha Forte.

20.30 h
Na Zona C, Lagarta, Lagarta presenta 'O país do Pato Donald' dentro do ciclo Teatro&Danza.

20.30 h
No CGAC, o Grupo Cosmos 21 presenta 'Música matérica' dirixido por Carlos Galán, dentro das Xornadas de Música Contemporánea. .

21.00 h
No Teatro Principal, o Teatro Nacional Dona María II (Lisboa) debuta en Galicia con 'Gil Vicente na horta', dentro do ciclo Teatro&Danza. Estrea en España desta obra dirixida por Joao Mota.

Compartir: