Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 16 de outubro

11.00 h
No pavillón de Santa Isabel, os concelleiros de Educación, María Castelao, de Deportes, Adrián Varela, e de Xuventude, Rebeca Domínguez, participan na actividade para coñecer as técnicas de reanimación cardio-pulmonar (RCP) para escolares "Reanima un corazón", que organizan o Concello de Santiago e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 coincidindo co Día Europeo da Parada Cardíaca.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na sede de Turespaña en Madrid, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á comisión de turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

20.30 h
No salón de actos culturais do Centro Comercial Compostela (Paxonal), o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á entrega dos premios do II Circuíto de Carreiras Biosaudabeles CorreSan.

20.30 h
Na Zona C, estrea absoluta de 'O país do Pato Donald' pola compañía Lagarta Lagarta, unha reflexión profunda sobre a derradeira estación da vida dun profesor de literatura, en Teatro&Danza.

21.00 h
No Teatro Principal, 'A ponte invisible', unha sesión de maxia con baralla, violoncelo, piano e violín da man de Kiko Pastur, no Teatro Principal.

Compartir: