Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 15 de outubro

10.00 h
No Parlamento, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao Debate sobre o estado da Autonomía.

11.00 h
No Salón Vermello, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, entrega os diplomas aos participantes no Programa de voluntariado lingüístico.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar un ciclo de charlas de formación básica en seguridade informática e internet nos centros socioculturais impartidas polo especialista en sistemas de información dixital José Luis Prado.

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o acto de recoñecemento aos colectivos municipais que participaron no operativo de emerxencia e atención ás vítimas e familiares do accidente do tren Alvia do 24 de xullo.

21.00 h
No Teatro Principal, Nova Galega de Danza presenta '10', conmemorando os seus 10 anos nos escenarios cun espectáculo que recolle o mellor da súa exitosa traxectoria, en Teatro&Danza.

Compartir: