Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 14 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, para presentar o Certame de fotografía co móbil.

12.30 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Urbanismo, María Pardo, visita as obras que se están a realizar no castelo da Rocha. Punto de encontro: explanada do castelo.

17.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do Goberno municipal, María Pardo, sobre asuntos de carácter local.

19.30 h
No salón verde, reunión do Consello de Relacións Veciñais. Asisten os concelleiros Francisco Noya, Juan de la Fuente, Luis Meijide e Luis Bello.

Compartir: