Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 13 de outubro

11.00 h
Quinta e última proba do II Circuíto de Carreiras Saudables Corresan. A saída será a Cidade da Cultura para as categorías de adultos (xuvenil e superiores); o resto de categorías sairán do Estadio de San Lázaro. Participa o concelleiro de Deportes, Adrián Varela. Horario das probas:
11.00 h: xuvenil e superiores
11.50 h: infantil e cadete
12.10 h: benxamín e alevín

11.00 h
Na Praza do Obradoiro, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, e o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén, reciben os integrantes da Fundación También, que promove o deporte adaptado en persoas con discapacidade, que fan varios tramos do Camiño en bicicleta. SÓ GRÁFICOS.

12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música. A formación súmase ao bicentenario do nacemento do compositor Richard Wagner (1813-1883) interpretando pezas de tres das súas óperas.

18.00 h
No Salón Teatro, 'Touporroutou da lúa e do sol', o teatro infantil de Roberto Vidal Bolaño, Teatro do Noroeste coproduce co Centro Dramático Galego e en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia. En Teatro&Danza.

Compartir: