Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 24 de abril

9.45 h e 11.30 h
No Teatro Principal, representación da comedia musical "Payasos en peligro", promovida pola Fundación Mapfre e a Concellería de Educación dentro do Programa Municipal de Educación Viaria e na Autoprotección: Onde está o Perigo?.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Cidade da Cultura (Biblioteca), o alcalde compostelán, Angel Currás, xunto co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, participa na sinatura do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello para a tramitación de expedientes de rehabilitación e financiamento dos gastos de mantemento das oficinas municipais de rehabilitación-portais únicos.

18.30 h

No Centro Sociocultural das Fontiñas, a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, asiste ao sorteo das Hortas de Belvis. Ás 19.00 h, charla- coloquio coa asociacion Adega para informar da colocacion dun composteiro comunitario, e ás 19.30 h, reunión no centro sociocultural de Fontiñas para explicar o proxecto das hortas urbanas de Fontiñas.

21.00 h
Na Zona "C", concerto de Mónica de Nut Trío dentro do ciclo 'Íntimo&Acústico'.

"Ler, contar e gozar coas letras"
17.30 CSC de Vite, Recuncho de lectura na Aula de Xogo. Nenos/as.
18.00 CSC de Vite, Retallos. Campaña de animación á lectura. Todos os públicos
18.00 LSC Marantes, Retallos. Campaña de animación á lectura. Obradoiro:marcapáxinas divertido. Todos os públicos. Nenos/as
18.00 LSC Enfesta, Retallos. Campaña de animación á lectura Todos os públicos
18.30 LSC Villestro, Retallos. Campaña de animación á lectura Todos os públicos
17.00 LSC Laraño, Retallos. Campaña de animación á lectura Todos os públicos
17.30 Lsc de Laraño, Obradoiro impresión dun pequeno libro coa biografía de Valentín Paz Andrade. Nenos/as de 9 a 16anos.
18.00 CSC de Vite, Xogamos con Rosalía. Nenos/as
18.00 LSC Lamascal, Retallos. Campaña de animación á lectura. Obradoiro: marcapáxinas divertido. Todos os públicos. Nenos/as
18.00 LSC O Eixo-Bornais, Retallos. Campaña de animación á lectura Todos os públicos.

XVI Certame de Teatro Intercentros
12:00 h IES Rosalía de Castro, o grupo Rosalía 1 do IES Rosalía interpreta "Pedraloira".
12:45 h IES Xelmírez I, o grupo Teatro do Porviso do CPI dos Dices interpreta "Romeo e Xulieta".

Compartir: