Previsións informativas para o sábado 30 de abril
12.00 h
Na Galería Sargadelos, acto de clausura da XI Campaña Municipal de Animación á Lectura que se celebrou dende o 14 de marzo coa participación de máis de 4.500 escolares dos centros de ensino de Santiago. Organizada pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora, en colaboración coa Galería Sargadelos.
12.00 h
Na Praza Roxa, Xogos Populares organizados polo CSCXM do Ensanche.
13.00 h
No Centro Cultural Fernando de Casas y Novoa de Sigüeiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega da distinción "Fillo Predilecto de Oroso" a José Brea Dono.
20.30 h
No Teatro Principal, concerto de David Murray Black Saint Quartet dentro do XVI Ciclo de Jazz da Fundación Barrié.
22.00 h
No Auditorio de Galicia concerto de Marful que presenta en Compostela o seu último traballo 'Manual de Sedución'.