Previsións informativas para o xoves 14 de decembro
11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o "Programa de apoio á eliminación de barreiras para a inserción socio-laboral". A continuación presentarase, na Praza do Obradoiro, o vehículo que utilizarán as traballadoras do programa para realizar os diferentes servizos.
11.30 h.
No Centro Sociocultural do Ensanche, a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, inaugura a exposición "As mans do vento", do artista Xacobe Meléndrez, que estará no acto.
12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar as actividades de Nadal da Escola Municipal de Música e o Festival "Nadal de Danza". Na rolda tamén estarán Eva Cancio e Beatriz Viñal, profesoras e bailarinas profesionais.
13.00 h.
No Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de apertura do I Encontro Internacional de Escritores "De Pedra e de Palabra", organizado polo P.E.N Clube de Galicia.
14.00 h.
Xantar do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, na Cociña Económica.
16.30 h.
Na Casa da Concha (rúa da Conga, 1), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Consello Social da USC.