Consello de administración da sociedade municipal Incolsa
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de administración da sociedade municipal Incolsa (Información e Comunicación Local S.A.)
Presentación da nova páxina web municipal
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Reforma administrativa, Xaquín Leiceaga, presentan en rolda de prensa a nova páxina web municipal. Os xornalistas disporán de ordenadores para poder navegar pola web.
Presentación do programa dos VI Xogos do Eixo Atlántico
O concelleiro de Deportes, Manuel Portas, presentará en rolda de prensa o programa dos VI Xogos do Eixo Atlántico que se desenvolverán na nosa cidade do 11 ao 16 de xullo.
Sinatura do convenio de colaboración urbanística entre o Concello e a Universidade de Santiago
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, asinan o convenio de colaboración urbanística entre ambas entidades no marco da revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana do municipio.
Inauguración das instalacións de Aquagest
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración das novas instalacións da empresa Aquagest.
Casahamlet presenta "Lionel, o malestar do benestar"
A compañía Casahamlet presenta "Lionel, o malestar do benestar", de Manuel Lourenzo, con Gloria Rico e Manuel Lourenzo. Dirixida por Santiago Fernández.
Concerto da Real Filharmonía de Galicia
Baixo a dirección de Antoni Ros Marbà.
Josep María Colom, piano.
Programa:
- W. A. Mozart. Obertura de "O rapto no serrallo", KV 384
- L. v. Beethoven. Concerto para piano nº 3
- W. A. Mozart. Sinfonía nº 41 en do maior KV 551 "Xúpiter"
Actuación de Mala Rodríguez
Hip hop
Dulce Pontes
Dulce Pontes en concerto