Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o martes 12 de marzo
9.30 h
Na Sede do Consorcio de Santiago (rúa do Vilar, 59), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión Executiva do Consorcio. SÓ GRÁFICOS.
10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, "Cranios privilexiados… ou crítica da razón perralleira", dentro da Programación Didáctica de Compostela Cultura.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, sobre asuntos da súa área.
13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alumnado ERASMUS Iacobus 2019 da Escola Técnica de Arquitectura da Coruña.