Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 7 de outubro

10.45 h
Na praza do Obradoiro, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto de inauguración da 11ª edición das Marchas Ciclistas Unificadas para persoas con e sen discapacidade intelectual organizadas por Special Olympics. Ás 14.00 h, participa na entrega de premios.

21.30 h
No hotel NH Collection, o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, asiste ao acto de entrega do premio "Arquitectura para un mundo mellor 2023" de Recoñecemento Profesional de Achega á Arquitectura a Daniel Hermosilla Hermida, organizado pola delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con motivo do Día Mundial da Arquitectura 2023.

22.30 h
No Teatro Principal, sesión de cine-concerto con Niño de Elche ao abeiro do Curtocircuíto-Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela.

CURTOCIRCUÍTO
Toda a información en curtocircuito.org

Compartir: