Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 4 de outubro

9.00 h
Na Cidade da Cultura, o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, participa na inauguración do II Simposio "Urban Solutions".

10.30 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibe a Jaione Camborda, directora de cine gañadora da Concha de Oro á mellor película na 71ª edición do Festival de Cine de San Sebastian "O Corno". Asinará no Libro de Honra da cidade.

11.00 h
No Hotel San Francisco, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da Carreira Pedestre de El Correo Gallego.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e do director da Banda Municipal de Música de Santiago, David Fiuza, para presentar a programación artística da vindeira temporada, titulada "POSTAIS".

12.00 h
No Salón Nobre de Fonseca, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de celebración do Día da Ciencia en Galicia, organizado pola Real Academia Galegas de Ciencias, dedicado este ano a Manuel Colmeiro.

19.00 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asiste á inauguración da exposición das fotografías gañadoras e finalistas do 17º Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica.

19.30 h
No Palacio de Congresos, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na inauguración do XXIX Congreso da Sociedade Española de Neonatoloxía e Medicina Perinatal e do IX Congreso de Enfermería Neonatal. Declaracións previas ás 19.00 h.

Compartir: