Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de outubro

12.00 h
No Salón Vermello, lectura do manifesto con motivo do Día do Dano Cerebral adquirido. (Farase un receso de 15 minutos no pleno para este acto).

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2023/00045137S.
Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00044284J.
Aprobación de expediente de crédito extraordinario baixo a codificación 2023- CREXT-08, de importe 142.152,61 €, para atender diversas actuacións urxentes a realizar polo departamento municipal de Parques e Xardíns, financiado con baixas por anulación.
3. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-11.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos para aprobar unha parte dos gastos rexistrados na conta 413 por importe total de 6.510,78 euros, coa codificación 2023-REC-11.
4. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-12.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para aprobar gastos rexistrados na conta 413, por importe total de 310.291,48 euros, coa codificación 2023-REC-12.
5. CULTURA E FESTAS. Referencia: REPARO/CX/29/F/2023/3275.
Proposta de levantamento de reparo suspensivo sobre a factura F/2023/3275.
6. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a mellora da mobilidade e o estacionamento no colexio Pío XII.
7. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a elaboración dun plan de acción contra o ruido derivado do ocio nocturno.
8. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre as solucións de aparcamento na contorna do CHUS.
9. Tomar coñecemento de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
10. Solicitude de comparecencia presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre o futuro da casa da Xuventude.
11. Rogos, preguntas e interpelacións.
Rogos:
1.- Formulado polo PSdeG-PSOE relativo a conxestión do transporte público na rúa Monte dos Postes.
2.- Formulado polo PSdeG-PSOE relativo ao multi xogo nadal 2023.
3.- Formulado polo PSdeG-PSOE relativo ás obras de accesibilidade do paso de peóns na rúa Loureiros.
Preguntas orais:
1.- Formulada polo PP en relación ao inmoble situado na rúa Sánchez Freire, 124.
2.- Formulada polo PP sobre o grao de cumprimento do contrato de recollida de lixo.
3.- Formulada polo PP sobre transferencia de crédito.
4.- Formulada polo PSdeG-PSOE sobre o plan de inspección de locais de ocio nocturno.
5.- Formulada polo PSdeG-PSOE sobre os turnos e horarios do servizo de taxi.
Preguntas resposta escrita:
1.- Formulada polo PP en relación ao radar SC-20 Conxo.
2.- Formulada polo PP sobre a distribución de uso das instalacións deportivas.
3.- Formulada polo PP sobre chamadas recibidas na Policía sobre incidentes, molestias ou ruidos na Sala Malatesta entre 1 de xaneiro de 2019 ao 9 de outubro de 2023.
4.- Formulada polo PP sobre expedientes de disciplina se abriron contra a Sala Malatesta entre o 1 de xaneiro de 2019 ao 9 de outubro de 2023.
12. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.- Presentada polo PP para a adhesión ao programa xantar na casa.
2.- Presentada polo PP para que o concello xestione a adquisición ou comodato do cadro da Procesión de Castelao.
3.- Presentada polo PP para apoiar o comercio e fomentar as compras na campaña de nadal.
4.- Presentada polo PP para a mellora da accesibilidade, limpeza e aparcamento no barrio da Almáciga.
5.- Presentada polo PSdeG-PSOE relativa á eliminación de prazas de aparcamento en Sar pola execución da senda peonil e ciclista Milladoiro-Santiago.
6.- Presentada polo PSdeG-PSOE sobre o quiosco do Cantón do Toural.
7.- Presentada polo PSdeG-PSOE para elaborar o I Plan de igualdade na administración local.
8.- Presentada por CA e o BNG para denunciar a guerra de Israel contra a Franxa de Gaza.
9.- Presentada por CA e o BNG de apoio ao levantamento do bloqueo económico, comercial e financeiro imposto por Estados Unidos contra Cuba.
10.- Presentada por CA e o BNG de apoio a dignificación dos/as profesionais da avogacía e a procura en relación coa quenda de oficio, dereitos laborais básicos e xubilacións.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, con Pablo González como director e coa participación do estudantado da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM). De forma previa ao concerto, o director Pablo González participará na sesión ‘Conversando con…’ que se desenvolverá a partir das 19.45 horas na Sala Mozart.

21.00 h
No Teatro Principal, proxección do filme The Sage ao abeiro do Festival Amal

Compartir: