Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 23 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, para presentar o festival "Luz Poética", dedicado a Luz Fandiño. Na rolda tamén estará o organizador, Diego Horschovski.

21.00 h
No Teatro Principal, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á charla inaugural da XXI Semana de Cinema Euroárabe Amal.

Compartir: