Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 20 de outubro

9.30 h
No Pazo de Fonseca, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, inaugura a xornada ‘O impacto do turismo nas cidades: taxa turística e outros instrumentos de xestión’.
Programa:
http://www.santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/1697451620Programa_Jornada__O_impacto_do_turismo_nas_cidades_.v.16.pdf

10.00 h
Na Facultade de Psicoloxía, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, asiste ao acto de inauguración da ‘Xornada sobre a sexualidade das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento’, organizado por Fademga.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal socialista Gonzalo Muiños e Mercedes Rosón sobre asuntos de carácter local.

Compartir: