Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 2 de outubro

NOTA: enviarase nota cos asuntos da Xunta de Goberno local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, para presentar as actividades de promoción de saúde mental organizadas pola concellería de Xuventude. Na rolda tamén participará Carlos Martínez Uzal, Coordinador da Asociación Itínera.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar a XI Marcha Ciclista - Special Olympics Galicia. Na rolda tamén estarán o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, e representantes da Asociación ASPAS e da Deputación da Coruña.

13.00 h
No Club Internacional de Prensa, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da Gala aRimar.

13.30 h
No Auditorio de Galicia, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de celebración do Día da Policía.

17.00 h
En San Caetano, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reúnese co presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Declaracións ao remate.

Compartir: