Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 12 de outubro

9.15 h
Saída da Alameda do roteiro «Saber de nós: Cen anos do Seminario de Estudos Galegos», organizado polo Consello Cultura Galega coa colaboración do Concello de Santiago e outras institucións, que emula a andaina fundacional que realizaron algúns dos membros do SEG hai 100 anos. Á súa chegada a Ortoño, farase unha ofrenda floral diante da casa de Rosalía e, posteriormente, na igrexa do Santo (Avda. Juan Bueno Bueno), realizarase o acto institucional (13.30 h, aprox). Participa en todo o percorrido a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Compartir: