Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 7 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e de César Abella, director de Trivium, para presentar a V edición da Semana do Patrimonio Invisible, que se celebra en Compostela do 12 ao 17 de setembro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a programación da VI edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia, que se celebrará en Santiago de Compostela entre o 8 e o 11 de setembro. Tamén estarán o director do festival, Iván Arias; o deputado de Promoción Económica da Diputación da Coruña, Blas García; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; e o responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia, Víctor Martiñán.

11.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no programa Verán CampUSC.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e do presidente da Asociación Hostelería Compostela, Thor Rodríguez, para presentar a nova edición de Santiago(é)tapas.

Compartir: