Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 28 de setembro

10.30 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao evento no que se levarán á práctica os avances de AMU-LED, o proxecto H2020 da Comisión Europea que ten como propósito demostrar a integración segura de distintos tipos de operacións con drons, organizado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia.

12.00 h
Na Zona C (Praza de Cervantes), ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar o 19º Festival Internacional de Cine CURTOCIRCUÍTO, que se celebra do 1 ao 9 de outubro. Na rolda participan tamén a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o deputado provincial responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e o director do festival, Pela del Álamo.

19.30 h
No Salón Nobre, recepción aos participantes no XXIV Encontro Estatal de Defensorías Universitarias.

Compartir: