Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 23 de setembro

10.00 h
No Colexio de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina o convenio de colaboración con Ourives de Compostela.

11.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, fan entrega de catro ambulancias ao embaixador de Ucrania en España, Serhii Pohoreltsev, que, a continuación, asina no Libro de Honra do Concello.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o programa A Radio do Patrimonio, organizado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas!. Á rolda tamén asisten: Ildefonso de la Campa, director da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo; Claudio Garrido, alcalde do Concello de Sarria; Xurxo Antúnez ‘O Terrible’, gaiteiro e recuperador da tradición; e Jose Manuel Diego, representante de Ponte... nas Ondas!

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, e co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. SÓ GRÁFICOS.
A continuación (12.45 h), desprazaranse ata a Estación Intermodal onde supervisarán as obras que executa o Adif. Atención a medios.

12.30 h
Na Praza do Obradoiro, recepción aos membros da Fundación Menelas de apoio a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) que veñen de percorrer un tramo do Camiño de Santiago

17.00 h
No CSC do Ensanche, a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, inaugura a Feira de Economía Circular e Boas Prácticas, organizada polo Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

Compartir: