Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 21 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar a 10ª Marcha Ciclista Unificada para persoas con e sen discapacidade intelectual Special Olympics Galicia 2022. Na rolda tamén estará Eladio Fernández, presidente de Special Olympics Galicia, e un deportista da Asociación ASPAS.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude, Rubén Prol, para presentar o programa #NoitesAlternas2022.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ramón Quiroga sobre asuntos de carácter local. ANULADA.

Foro Greencities S-Moving 2022
10.30 h Visita ao stand de Vodafone, onde se atopa o vehículo autónomo desenvolvido no marco do programa Smartiago.
11.00 h O concelleiro Sindo Guinarte participa na inauguración do Encontro de líderes urbanos.
13.00 h O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén un encontro con Carlos Becker, director de marketing e desenvolvemento de negocio en Vodafone Business.
16.00 h O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no "Encontro de líderes urbanos: A axenda urbana como elemento de aplicación dos ODS nas nosas cidades".
16.30 h Os concelleiros Sindo Guinarte e Mercedes Rosón visitan o Centro Europeo de I+D de Vodafone.

Compartir: