Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 20 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros Javier Fernández e Rubén Prol sobre o balance das obras nos centros educativos.

11.30 h
No Hotel EXE Peregrino, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á Xunta directiva da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), no marco das actividades de Santiago, Capital Española da Economía Social.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, para presentar o VIII Torneo Rácing San Lorenzo de Fútbol 8.

20.00 h
En Málaga, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á recepción no Concello de Málaga, programada dentro dos actos do Foro Greencities S-MOVING 2022, no que participa xunto cos concelleiro Sindo Guinarte e Mercedes Rosón.

Compartir: