Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 30 de xuño

9.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o novo comandante do aeródromo militar, Pedro M. Díaz González.

10.00 h
O concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, participa, por videoconferencia, na Asemblea Xeral Ordinaria do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A continuación, sobre as 11:00 h, terá lugar a Asemblea Xeral Extraordinaria da citada entidade.

12.00 h
Na Sede da Asociación Área Empresarial do Tambre (Polígono do Tambre. Vía Edison, 1), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na reunión da mesa institucional do "Acordo da Sionlla".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar 'Daimon y la jodida lógica' da compañía Matarile Teatro, primeira das obras de Volvemos á escena! danza e teatro para XULLO 2020. Na rolda estarán tamén Ana Vallés, autora e directora; e Baltasar Patiño, iluminación de espazo e produción musical.
NOTA: a rolda retransmitiranse por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: