Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 23 de xuño

9.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na xuntanza telemática do Padroado da Cidade da Cultura.

10.45 h
No paso de peóns de Porta Faxeira, a concelleira de Políticas de Igualdade, Noa Díaz, e o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, darán conta do programa de actividades e accións para a conmemoración do Orgullo LGTBI en Compostela (Unha delas será o pintado de dous pasos de peóns coa bandeira LGTBI).
NOTA: enviaranse imaxes e audio.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o Ciclo de Música de Cámara na rúa. Na rolda tamén estará o director da Banda Municipal de Música, Casiano Mouriño.

Compartir: