Previsións informativas para o sábado 23 de setembro
Semana Europea da Mobilidade
11.00 h
MOBILIDADE NA CONTORNA
Pedalada ao Milladoiro + visita ao Castelo da Rocha. Saída da Alameda ás 11h
17.00 h
A CIDADE D@S NEN@S, actividades A RÚA É NOSA
Praza 8 de marzo
11.45 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos estudantes internacionais ERASMUS da USC.
19.00 h
No Centro Sociocultural de Conxo, a compañía de teatro afeccionado Mediogüevo Teatro presenta "Solo ante la peligros", escrita e dirixida por Lucas García Herrador.
20.00 h
No Teatro Principal, presentación do libro-CD Herdeiras, de Carmen Penim. Acceso libre.
20.00 h
No Squash Milladoiro, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao Campionato de España de seleccións autonómicas de Squash.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, representación da peza teatral "Boneca de Porcelana", con José Sacristán e Javier Godino.