Previsións informativas para o venres 27 de maio
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.
13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o concelleiro de Economía e Facenda do Concello de Madrid, Carlos Sánchez Mato.
17.00 h
No Recinto Feiral de Amio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o Salón Caroutlet.
19.00 h
Na Zona "C", inauguración de ‘As rúas contan que. Narrativas gráficas colectivas’ de Oficina Arará, Club del Dibujo e O Botafumeiro, comisariada por Desirée Vidal Juncal.
19.55 h
Na Praza das Pratarías, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na campaña "Badaladas pola prevención do suicidio", organizada polo Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM).
20.30 h
No Teatro Principal, a Compañía Obras Públicas presenta o musical ‘Bye Bye Honey’, creado e dirixido por José Prieto. Con Carlos Mosquera Mos, César Goldi, Iolanda Muíños, Ramón Orencio, Fran Facal e Chechu Mosquera.
21.00 h
No Hostal, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste ao acto de benvida aos participantes no XXIII Simposio médico-social e XLV Asamblea Nacional Hemofilia.