Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o sábado 12 de decembro
14.00 h
Na Casa do Concello (Salón Nobre), recepción aos participantes nas xornadas Cultura de Paz, Seguridade e Desarmamento, organizadas polo Seminario Galego de Educación para a Paz.
18.00 h
Na nave 5 do Mercado de Abastos, a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, visita o Mercado de Nadal. A continuación visitará o Belén da Igrexa de San Fiz e o Mercado da Estrela (Museo do Pobo Galego).
Toda a programación de Nadal en www.nadalencompostela.com