Previsións informativas para o mércores 18 de novembro
10.00 h
Na EGAP, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á apertura do XVII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo.
10.00 h
Na Casa das Asociacións de Salgueiriños, obradoiro formativo impartido por Aldeas Infantiles SOS Galicia dirixido a familias acolledoras do Concello de Santiago. Dentro dos actos con motivo do Día do Neno.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Martiño Noriega; o director de Cineuropa, José Luis Losa; e o cineasta mexicano Arturo Ripstein, que recibe o premio Cineuropa este xoves no Teatro Principal.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e do vicepresidente da Cámara de Comercio Evaristo Rodríguez Carracedo, para presentar o XVI Premio Manuel Beiras, de recoñecemento ao uso do galego no sector empresarial.
13.30 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, inaugura a exposición de postais Unha ollada ao pasado. Colección de Uxío de la Riva.
20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao XVII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo.
CINEUROPA
TEATRO PRINCIPAL
16:00 ON THE WATERFRONT (A LEI DO SILENCIO) Elia Kazan
18:30 TAXI TEHERAN Jafar Panahi
20:00 Coa presenza do seu director, Aitor Rei FRANKENSTEIN-04155 Aitor Rei
22:15 MUSTANG Deniz Gamze Ergüven
00:00 IL RACCONTO DEI RACCONTI (O CONTO DOS CONTOS) Matteo Garrone
SALÓN TEATRO
16:00 EL CASTILLO DE LA PUREZA Arturo Ripstein
18:00 EL IMPERIO DE LA FORTUNA Arturo Ripstein
21:00 JOHN FROM João Nicolau
22:45 UNE JEUNESSE ALLEMANDE Jean-Gabriel Périot
00:00 DAS ZIMMERMÄDCHEN LYNN (A CAMAREIRA LYNN) Ingo Haeb
SEDE AFUNDACIÓN
16:30 THIEVES’ HIGHWAY (MERCADO DE LADRÓNS) Jules Dassin
18:15 THE NAKED CITY (A CIDADE ESPIDA) Jules Dassin
20:00 GUILTY BY SUSPICION (CAZA DE BRUXAS) Irwin Winkler