Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o martes 4 de febreiro
10.00 e 12.00 h
Na Sala Agustín Magán (CSC de Santa Marta), 'Paseo pola danza' coa compañía La Incidente dentro do Programa Didáctico.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.