Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o luns 10 de febreiro
10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, 'Vaia Banda!', concerto coa Banda Municipal de Música e Odaiko Percussion Group, dentro do Programa Didáctico.
11.00 h
Na Cidade da Cultura, (edificio CINC), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación do Plan Integral de Turismo de Galicia xunto coa concelleira de Turismo, Reyes Leis.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Maximino Zumalave para presentar o VI Ciclo de Piano Ángel Brage.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos de carácter local.