Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o domingo 17 de marzo
12.30 h
No Teatro Principal, a Banda Municipal de Música e Títeres con Sacha, presentan, dentro da programación Infantil&Familiar, 'O Crebanoces' de Chaikowski, un espectáculo de títeres unipersoal.
19.30 h
Na Zona C Escenas Poéticas (3) presenta dentro do ciclo Teatro&Danzao 'O Asombro' de Fantoches Baj, unha proposta escénica, poética, participativa e diversa especialmente deseñada para a Zona C. Últimas funcións.
20.00 h
No Teatro Principal, inauguración do VI Ciclo 1906 de Jazz. O contrabaixista estadounidense Ron Carter ofreceranos o seu particular swing acompañado por Donald Veiga ao piano e Rusell Malone á guitarra no concerto de Jazz que abrirá o ciclo.