Previsións informativas para o mércores 18 de decembro
9.30 h
Na estación de autobuses, o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, recibe os alumnos da Facultade de Xeografía, que realizarán unha visita ás instalacións de TUSSA para coñecer o funcionamento da empresa municipal de transporte urbano.
11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos traballadores do Concello.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concellera de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.
12.00 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación dos novos camións de Urbaser.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, para presentar Santiagolandia.
12.45 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
19.30 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Economía, Reyes Leis, asiste á entrega dos III premios Xoven Empresario de Galicia.
20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción cidadá.
20.30 h
No Teatro Principal, New Orleans Gospel Chorale presenta 'The art of negro spiritual' dentro de Sons'13.