CENTROS SOCIOCULTURAIS

Aberto o prazo para participar en tres cursos sobre plantas medicinais e horta sa

05/04/2013 A Concellería de Centros Socioculturais abriu o prazo para participar nun programa de tres cursos monográficos sobre plantas medicinais e horta sa. Desenvolverase no Local Sociocultural de Vidán durante os meses de abril, maio e xuño.

A oferta contempla un total de tres cursos monográficos. O primeiro deles denomínase Horta sa: da enfermidade ao remedio e celebrarase os sábados 20 e 27 abril, 4 e 11 de maio, de 10:00 a 13:00 horas. Impartido pola fittoterapeuta Mª del Carmen Picallo Ferreiro e pola doutora en Bioloxía Mª José Sanchez-Biezmo, este curso é un achegamento teórico-práctico para dar a coñecer as pragas e enfermidades máis frecuentes na horta e diferentes remedios naturais para solucionalos.

A continuación realizaranse os cursos Plantas medicinais I, o 25 de maio e o 1 e 8 de xuño, e Plantas medicinais II, os días 15, 22 e 29 de xuño, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Mª del Carmen Picallo dirixirá estas sesións, que xa tiveron moi boa acollida o pasado ano. Permitirán aos participantes, a través dunha metodoloxía experiencial, coñecer e recoñecer as plantas medicinais e autóctonas, obter coñecementos sobre o secado, a conservación e uso das mesmas e, sobre todo, redundar no aprecio e valoración destes recursos naturais.

Cada monográfico ten 25 prazas dispoñibles. Cómpre un mínimo de 15 inscritos para que se realicen. Para participar no monográfico II de plantas medicinais é preciso ter feito o nivel I. Cada curso ten un prezo de 28 euros.

Mais información e preinscricións:

CSC de Vite
CSC de Conxo
CSC das Fontiñas
CSC do Ensanche
CSC de Santa Marta
CSC do Castiñeiriño.

Compartir: