CULTURA

Aberto o prazo de inscrición para a edición 2013 do festival Curtocircuíto

14/12/2012 Xa está aberto o prazo para participar no X Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, que organiza o Departamento de Cultura e que se celebrará do 23 ao 28 de abril de 2013 en varios espazos da cidade. Todos os que queiran inscribir as súas curtametraxes poden facelo a través da rede, sendo a data límite para facelo o 10 de febreiro de 2013.

Curtocircuíto chega este ano á súa décima edición e este festival, que naceu en 2004, é hoxe unha cita obrigada co cinema curto e un referente a nivel europeo. Como vén sendo habitual, organizaranse diferentes actividades ao redor do sector audiovisual, sendo o protagonista principal o cinema.

Os concursos nos que poden participar as curtametraxes son: Internacional, Compostelae (nacional), By Galicia e Escolas Galegas. Os traballos presentados deberán ter sido realizados despois do 1 de xullo 2011.

A inscrición é gratuíta e o prazo de recepción de solicitudes finalizará o próximo 10 de febreiro 2013. Como en anos anteriores, os participantes poderán inscribir a súa curta a través da plataforma Short Filme Depot (www.shortfilmdepot.com).

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: