COMERCIO

Santiago acolle as primeiras Xornadas de Blogs de Moda e Comercio Electrónico

19/10/2012 As Primeiras Xornadas de Blogs de Moda e Comercio Electrónico, coas que colabora a Concellería de Comercio, comezaron no CGAC e desenvolveranse durante o venres pola tarde e o sábado pola mañá. Co auditorio do CGAC practicamente completo, demóstrase o interese que estas Xornadas espertan entre xente de negocios, comunicadores e amantes da moda. A concelleira de Comercio, Reyes Leis, participou no acto inaugural.

Durante estes dous días, Santiago de Compostela convértese no epicentro do mundo 2.0 da moda, grazas ás blogueiras, empresarios e consultores que analizarán e expoñerán as oportunidades e retos que xorden ante estas novas realidades que xa son irrenunciables necesidades do presente: comercio electrónico, redes sociais, tecnoloxías da información e internacionalización.

Como dato absolutamente revelador da magnitude do fenómeno que se tratará nestas xornadas, as blogueiras participantes nestas xornadas reciben máis de 8.000.000 visitas ao mes de todas as partes do mundo, por non mencionar as vendas que as empresas participantes nestas Xornadas realizan a través de internet.

Documentos relacionados



Compartir: