FACENDA

Aberto o prazo para o pagamento do imposto sobre vehiculos

03/03/2006 Entre o 5 de marzo ao 5 de maio queda aberto o prazo para o pagamento do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Co obxecto de faciliar aos cidadáns os trámites do pagamento o Concello lembra aos cidadáns a posibilidade de realizalo a través da web municipal.

O Concello de Santiago de Compostela informa que desde o próximo 5 de marzo ata o 5 de maio estará aberto o prazo para o pagamento do imposto sobre vehículos de tracción mecánica correspondente ao período impositivo 2006. Co obxecto de faciliar aos cidadáns os trámites do pagamento o Concello lembra aos cidadáns a posibilidade de realizalo a través da web municipal.

O pagamento poderá efectuarse:
-Nas contas de recadación das seguintes entidades colaboradoras:
Caixa Galicia.
Caixanova
Banco Bilbao Vizcaya.-Argentaria.
Banco Gallego.
Banco Pastor.
Banco Central Hispano Santander.
La Caixa
Banesto

-A través dos caixeiros das entidades colaboradoras que dispoñan deste servizo.

-A través de Internet, www.santiagodecompostela.gal na utilidade "Pagos en liña".

-Nas oficinas de Recadación municipal (rúa Presidente Salvador Allende, nº 4, baixo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres).

Datos complementarios

Aumento dun 2,62% no censo de vehículos
O censo de vehículos do ano 2006 rexistra un incremento do 2,62% (1336 vehículos) sobre o pasado ano. Nos dous anos anteriores (1994 e 1993) o Padrón non rexistrara incrementos significativos por mor do proceso de regularización a que foi sometido (eliminando moitos vehículos doutros concellos que xa non circulaban, etcétera.): Actualmente considérase o Padrón depurado de incidencias relevantes e por tanto representativo do parque de vehículos da cidade.

Baixa o número de autobuses e aumenta o número doutros vehículos
·O Padron rexistra un descenso do número de autobuses rexistrados mentrea aumentan os restantes tipos de vehículos, sendo especialmente significativo o incremento nos turismos (893 turismos adicionais)

Incremento medio do 3,68%/ no imposto
O importe medio do imposto (88,15 euros) só se incrementa o 3,68% (no entorno da inflación acumulada) o que supón a estabilización da presión fiscal en temos reais.

O importe total do padrón aumenta un 6,4%, acadando 4,612 millóns de euros. Esta cifra representa case que un 5% dos ingresos municipais totais.

Características do censo de vehículos
Rexístrase un descenso nos turismos de menos de 8 CV, tanto en termos porcentuais como absolutos, mentres simultaneamento aumenta o resto das categorías, especialmente as de máis de 16 CV. O incemento é ainda maior na categoría dos turismos de máis de20 CV.

O importe medio de imposto dos turismos é de 90,5 euros, o que supón un incremento do 4%. Este incremento recolle o impacto da actualización de tarifas así como o da suba en número de cabalos medios dos vehículos.

Máis da mitade dos turismos pertence ás categorías situadas entre os 12 e os 16 CV.

Máis do 100% de aumento nas bonificacións
Aumenta máis do 100% o número de bonificacións (do 100%) sumando na súa totalidade máis de 5.000. As bonificacións presentan unha relevante presenza de vehículos con antigüedade superior aos 25 anos (tipo de vehículos que agora reciben a bonificación de oficio) así como dos vehículos para uso das persoas con discapacidade.

Aumenta o número de Xestión
Constatase un notable incremento das domiciliacións nos pagamentos, (con 7.600 recibos domiciliados, o que representa un aumento do 15% no últimos exercicio e reflicte unha maior confianza na xestión municipal..

Documentos relacionados



Compartir: