ECONOMÍA E FACENDA

ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2024

07/02/2024 O Pleno do Corporación aprobou inicialmente o Orzamento xeral do Concello e o seu anexo de persoal para o exercicio 2024 en sesión extraordinaria o 7 de febreiro. O 20 de marzo foi aprobado de xeito definitivo.

As liñas principais sobre as que foi confeccionado o Orzamento municipal de 2024 son as seguintes:

- Servizos públicos de calidade.
- Políticas sociais, culturais e de igualdade para a maioría.
- Transformación urbana e mellor acceso á vivenda.
- Sustentabilidade e territorio.
- Esforzo investidor.
- Mellor gobernanza e modelo de cidade.

Este orzamento incide na recadación eficiente dos ingresos como nun maior control do gasto. O resultado deste proceso, con todo, foi o maior orzamento da historia do Concello de Santiago alcanzando un montante de 142.420.046,01 euros, sen ter en conta o resto de entes. O proxecto de orzamento acrecenta 9,70 por cento con respecto ao anterior de 2022.

O orzamento consolidado co Auditorio de Galicia e coas empresas municipais TUSSA e INCOLSA ascende á contía de 145.773.180,24 euros en ingresos, e de 145.726.134,87 euros en gastos, cun superávit de 47.045,37 euros, que reflicte, por unha banda, o superávit da empresa municipal de turismo INCOLSA por unha contía de 7.221,19 euros e, pola outra, o superávit orzamentario da empresa municipal TUSSA por unha contía de 39.824,18 euros.

Compartir: