TRANSPORTES

Os relatos premiados no concurso de Trapsa, na web do Concello.

26/05/2005 Unha narración sobre o subconsciente de Adrián González Sieira, un mozo compostelán de 16 anos, foi o traballo gañador do primeiro concurso de relatos curtos organizado polo Concello de Santiago en colaboración con Trapsa, a empresa concesionaria do transporte urbano, e que agora se poden consultar nesta web.

Os tres contos gañadores do concurso de relatos organizado polo Concello de Santiago, xunto con Trapsa, empresa concesionaria do transporte urbano, pódense ler no documento axunto.

"Crónica dunha infancia esquecida" de Adrián González, "Un micromundo", de Sabela Aldrey Dono, e "Apocalipse", de Francisco Javier Rego Mosquera, son os títulos dos relatos que decidiu premiar o xurado, formado por representantes de Tussa, Trapsa, o concelleiro de Transportes, Xaquín Fernández Leiceaga e os profesores Bieito Iglesias e Dolores Vilavedra.

Documentos relacionados



Compartir: