CONCELLO
Pola tarde celebrarase "O serán da Fraternidade", unha foliada que estará amenizada pola música e bailes tradicionais de Os Fondaos do Pífaro, Grupo da A.C. Devagariño, Asociación de mulleres Recandea e Muiñeiros de Sarela, seguido polo pregón de despedida da Festa.
Algunhas das novidades para este ano son a implicación activa das agrupacións e asociacións do barrio de Sar e da parroquia de Villestro e tamén un posto de asesoramento e aluguer de complementos propios da vestimenta acaída do século XIX para estudantes, artesáns, obreiros, fidalgos, crego...
Actividades para os máis novos
O programa de activades das Festas arrancará o venres ás 11:00 coa representación teatral de "O Pequeno Banquete" a cargo dos Quinquilláns e o alumnado do centro CEIP Quiroga Palacios. Un nutrido grupo de alumnos e alumnas de varios centros achegaranse á Carballeira para participar ou asistir a esta peza teatral, que dará paso a continuación ao concerto e á gravación dun videoclip das cantantes galegas, María Soa e Sara Faro, que conforman o grupo as Fillas de Cassandra.
Tamén terá lugar o II Certame de Brindes "Banquete de Conxo" dirixido ao alumnado de primaria, secundaria e bacharelato da cidade e organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago. Ao igual que na edición anterior, os gañadores do certame serán convidados a participar nos brindes do domingo 14 na Carballeira de Conxo.
Poesía, música e otras temáticas
Durante os tres días todas as persoas interesadas terán a oportunidade de participar nun amplo abanico de actividades lúdicas e formativas. O venres 20 pola tarde, impartiranse dous obradoiros, un adicado ao baile tradicional (18:30 h), sen inscrición previa; e outro aos tradionais Cantos de Taberna (19:00 h), cun percorrido posterior polos bares do barrio.
Este ano, tamén a Escola Municipal de Música se une á Festa do Banquete celebrando a súa II Andaina musical na mañá do sábado 13 de maio. Esta iniciativa propón á cidadanía unha ruta de 3,4 km, que conxuga actuacións musicais, e contacto co medio ambiente e o patrimonio natural que sirva ao mesmo tempo para achegar á cidadanía o traballo realizado na Escola durante o curso.
Co fin de coñecer máis en profundidad a contorna onde se desenvolveu o Banquete, o sábado ás 10 e ás 11 terá lugar a actividade inmersiva "Baños do Bosque" con previa inscrición a través do correo electrónico bosque@santiagodecompostela.gal. Tamén ás 12:00 horas, Quique Alvarellos guiará o roteiro "Voces do Bosque" sobre a historia dos autores e autoras que escribiron sobre o Bosque de Conxo, con inscrición previa rutabanquete@santiagodecompostela.gal.
O programa completarase cun Concerto da Coral do Psiquiátrico de Conxo xunto coa Coral Amigos do Castiñeiriño, o Coro de Santa Susana, o Coro de Habaneras Rocha Forte, o Coro Crecente de Voces Graves e o Orfeón Tradicional da Colexiata de Sar na Escalinata do Hospital Psiquiátrico de Conxo ás 19:00 e a "A Festa da Poesía", que será conducido por Helena Salgueiro e contará coa participación musical de Amorodo, O Rabelo e Paulinha e das poetas Belén Senín, Sara Vilar e Noelia Gómez, e que terá lugar na Praza Aurelio Aguirre ás 21:00 horas.
4º Mercado do Libro
Os estudantes e artesáns tamén estarán presentes na festa, a través do mercado do libro e da mostra de oficios que se celebrará os días 13 e 14 de maio na praza Aurelio Aguirre. Baixo a organización do Departamento de Comercio do Concello, este espazo acollerá 17 expositores dos sectores do libro e da artesanía así como mostras de xogos populares, presentacións de libros, recitais poéticos e actuacións musicais.
O mercado tamén contará cunha mostra de oficios tradicionais, coa exhibición en vivo do traballo de artesáns de diferentes oficios tradicionais tales como a forxa, orfebrería, coiro ou cerámica, entre outros.
Tren do Banquete de Conxo
O sábado e domingo, veciños e visitantes poderán tamén desfrutar dun percorrido especial e gratuíto do tren turístico, decorado para o ocasión con motivos da Festa do Banquete de Conxo.
Os traxectos, de ida e volta, terán como punto de partida a Alameda (parada Aurelio Aguirre) e chegarán á praza de Martín Herrera (parada Rosalía de Castro) no barrio de Conxo, con prioridade de acceso para as familias con nenos, as persoas con mobilidade reducida e persoas vestidas de época. Pódese consultar as horas de saída desde os dous puntos no programa.
Como Participar?
Se queres participar activamente podes sumarte como actor ou actriz ás distintas accións teatrais ou mesmo colaborar na propia organización e preparación da Festa do Banquete. Para calquera desas opcións podes poñerte en contacto co Centro Sociocultural de Conxo, no correo csconxo@santiagodecompostela.gal ou ben no teléfono 981528740.
Tamén podes colaborar como persoa voluntaria na Festa do Banquete, escribindo un correo a voluntariadobanqueteconxo@gmail.com.
O domingo 14 de maio terá lugar o Serán da Fraternidade aberto á música e ao baile tradicional, no que podes unirte co teu grupo de música ou baile. Ademais, podes vir vestido de época á Festa do Banquete. A organización conta co asesoramento e apoio da Asociación do Traxe Galego e tamén organiza obradoiros de deseño e vestiario para confección vestimentas propias do século XIX (estudante, artesán/ana, obreiro/-a, fidalgo/a, crego...).
FESTA DO BANQUETE DE CONXO
28/04/2023 A IV Festa do Banquete de Conxo celebrarase este ano o venres 12, sábado 13 e domingo 14 de maio na carballeira do Banquete de Conxo e na praza Aurelio Aguirre. Consulta nesta páxina toda a información.
O día grande da festa, o domingo 14 de maio, arrancará co desfile "Alá van estudantes e artesáns" que partirá da praza do Toural e percorrerá as rúas de Compostela baixo a coordinación artística dos Quinquilláns, ata chegar á praza de Conxo, onde Xosé Lois Mouriño Couto e Lucía Perez Lemos se encargarán da lectura do pregón. A continuación a comitiva dirixirase á carbarlleira de Conxo no que se fará unha representación teatral do Banquete de Conxo para dar paso ao tradicional xantar e romaría popular cos brindes de veciños e veciñas.Pola tarde celebrarase "O serán da Fraternidade", unha foliada que estará amenizada pola música e bailes tradicionais de Os Fondaos do Pífaro, Grupo da A.C. Devagariño, Asociación de mulleres Recandea e Muiñeiros de Sarela, seguido polo pregón de despedida da Festa.
Algunhas das novidades para este ano son a implicación activa das agrupacións e asociacións do barrio de Sar e da parroquia de Villestro e tamén un posto de asesoramento e aluguer de complementos propios da vestimenta acaída do século XIX para estudantes, artesáns, obreiros, fidalgos, crego...
Actividades para os máis novos
O programa de activades das Festas arrancará o venres ás 11:00 coa representación teatral de "O Pequeno Banquete" a cargo dos Quinquilláns e o alumnado do centro CEIP Quiroga Palacios. Un nutrido grupo de alumnos e alumnas de varios centros achegaranse á Carballeira para participar ou asistir a esta peza teatral, que dará paso a continuación ao concerto e á gravación dun videoclip das cantantes galegas, María Soa e Sara Faro, que conforman o grupo as Fillas de Cassandra.
Tamén terá lugar o II Certame de Brindes "Banquete de Conxo" dirixido ao alumnado de primaria, secundaria e bacharelato da cidade e organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago. Ao igual que na edición anterior, os gañadores do certame serán convidados a participar nos brindes do domingo 14 na Carballeira de Conxo.
Poesía, música e otras temáticas
Durante os tres días todas as persoas interesadas terán a oportunidade de participar nun amplo abanico de actividades lúdicas e formativas. O venres 20 pola tarde, impartiranse dous obradoiros, un adicado ao baile tradicional (18:30 h), sen inscrición previa; e outro aos tradionais Cantos de Taberna (19:00 h), cun percorrido posterior polos bares do barrio.
Este ano, tamén a Escola Municipal de Música se une á Festa do Banquete celebrando a súa II Andaina musical na mañá do sábado 13 de maio. Esta iniciativa propón á cidadanía unha ruta de 3,4 km, que conxuga actuacións musicais, e contacto co medio ambiente e o patrimonio natural que sirva ao mesmo tempo para achegar á cidadanía o traballo realizado na Escola durante o curso.
Co fin de coñecer máis en profundidad a contorna onde se desenvolveu o Banquete, o sábado ás 10 e ás 11 terá lugar a actividade inmersiva "Baños do Bosque" con previa inscrición a través do correo electrónico bosque@santiagodecompostela.gal. Tamén ás 12:00 horas, Quique Alvarellos guiará o roteiro "Voces do Bosque" sobre a historia dos autores e autoras que escribiron sobre o Bosque de Conxo, con inscrición previa rutabanquete@santiagodecompostela.gal.
O programa completarase cun Concerto da Coral do Psiquiátrico de Conxo xunto coa Coral Amigos do Castiñeiriño, o Coro de Santa Susana, o Coro de Habaneras Rocha Forte, o Coro Crecente de Voces Graves e o Orfeón Tradicional da Colexiata de Sar na Escalinata do Hospital Psiquiátrico de Conxo ás 19:00 e a "A Festa da Poesía", que será conducido por Helena Salgueiro e contará coa participación musical de Amorodo, O Rabelo e Paulinha e das poetas Belén Senín, Sara Vilar e Noelia Gómez, e que terá lugar na Praza Aurelio Aguirre ás 21:00 horas.
4º Mercado do Libro
Os estudantes e artesáns tamén estarán presentes na festa, a través do mercado do libro e da mostra de oficios que se celebrará os días 13 e 14 de maio na praza Aurelio Aguirre. Baixo a organización do Departamento de Comercio do Concello, este espazo acollerá 17 expositores dos sectores do libro e da artesanía así como mostras de xogos populares, presentacións de libros, recitais poéticos e actuacións musicais.
O mercado tamén contará cunha mostra de oficios tradicionais, coa exhibición en vivo do traballo de artesáns de diferentes oficios tradicionais tales como a forxa, orfebrería, coiro ou cerámica, entre outros.
Tren do Banquete de Conxo
O sábado e domingo, veciños e visitantes poderán tamén desfrutar dun percorrido especial e gratuíto do tren turístico, decorado para o ocasión con motivos da Festa do Banquete de Conxo.
Os traxectos, de ida e volta, terán como punto de partida a Alameda (parada Aurelio Aguirre) e chegarán á praza de Martín Herrera (parada Rosalía de Castro) no barrio de Conxo, con prioridade de acceso para as familias con nenos, as persoas con mobilidade reducida e persoas vestidas de época. Pódese consultar as horas de saída desde os dous puntos no programa.
Como Participar?
Se queres participar activamente podes sumarte como actor ou actriz ás distintas accións teatrais ou mesmo colaborar na propia organización e preparación da Festa do Banquete. Para calquera desas opcións podes poñerte en contacto co Centro Sociocultural de Conxo, no correo csconxo@santiagodecompostela.gal ou ben no teléfono 981528740.
Tamén podes colaborar como persoa voluntaria na Festa do Banquete, escribindo un correo a voluntariadobanqueteconxo@gmail.com.
O domingo 14 de maio terá lugar o Serán da Fraternidade aberto á música e ao baile tradicional, no que podes unirte co teu grupo de música ou baile. Ademais, podes vir vestido de época á Festa do Banquete. A organización conta co asesoramento e apoio da Asociación do Traxe Galego e tamén organiza obradoiros de deseño e vestiario para confección vestimentas propias do século XIX (estudante, artesán/ana, obreiro/-a, fidalgo/a, crego...).
Documentos relacionados
- Programa da Festa do Banquete de Conxo
- Información sobre o Tren do Banquete de Conxo
- II Andaina Musical da EMM
- II Certame de Brindes Poéticos
- Como participar na Festa do Banquete de Conxo
- Bases do IV Mercado do Libro
- Instruccións para instalacións de carpas
- Festa da Poesía
- Programa Cantos de Taberna