Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.
Filtrar avisos
MOBILIDADE
Incidencias Policía Local
SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
Dende as 08:00 horas do día 20/09/2023 ata as 08:00 horas do día 21/09/2023
--:-- LOCALIZACIÓNS PERMANENTES: dunha persoa.
CONTROIS E INSPECCIÓNS: en varias zonas da cidade.
ACCIDENTES DE TRÁFICO, RECLAMACIÓNS DE DANOS, DELITOS CONTRA SEGURIDADE VIARIA E PROBAS DE ALCOL E DROGAS:
• 08:30 ACCIDENTE DE TRÁFICO na vía Edison onde un vehículo sofre danos na vía de servizo dunha nave.
• 10:37 ACCIDENTE DE TRÁFICO na rúa das Rodas un vehículo sae da vía sen causar danos materiais nin feridos.
• 11:00 ACCIDENTE DE TRÁFICO na rúa Miguel Ferro Caaveiro un vehículo sofre danos pola caída dunha pola dunha árbore sita na vía de servicio do Palacio de Congresos.
• 20:50 horas ACCIDENTE DE TRÁFICO na rúa Morón un vehículo ocasionou danos a outro estacionado.
• 05:05 horas PROBA DE ALCOL na avda. Mestre Mateo realízaselle proba de alcol ao condutor dun vehículo, con resultado positivo en vía administrativa. O vehículo queda inmobilizado.
09:59 RECUPERACIÓN DE MOTOCICLETA: na rúa Brañas do Sar localízase unha motocicleta. Retírase coa grúa a PN e confecciónanse dilixencias por recuperación de vehículo subtraído.
11:14 INCENDIO: na rúa de Sar prodúcese un incendio no baixo dunha vivenda que foi sufocado por unha dotación de bombeiros.
--:-- OURIÑOS: 2 propostas de sanción.
--:-- FESTAS EN PISOS: acódese a dous pisos, resultado negativo.
MOBILIDADE
Cortes de tráfico na praza de Mazarelos (21 a 25 de setembro)
Por mor dun concerto do Festival Maré, que se celebrará o sábado 23 entre as 13.00 h e as 00.30 h, e para facilitar as labores de montaxe e desmontaxe, pecharse á circulación a praza de Mazarelos dende hoxe, xoves 21, ata as 20.00 do luns 25. Permitirase o paso de residentes.
O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.
MOBILIDADE
Servizos de bus urbano para asistir ao partido de baloncesto no multiúsos de Sar (sábado 23 de setembro)
Servizos de transporte urbano para asistir ao partido do Monbus Obradoiro o sábado 23 de setembro ás 20:45 h no multiúsos Fontes do Sar.
Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19:45 h.
A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiúsos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19:45, 20:00, 20:15 e 20:30. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.
Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.
MOBILIDADE
Cortes de tráfico baixo as rotondas da SC20 (18-22 setembro)
O paso dos vehículos baixo as rotondas superiores da Avd. Gonzalo Torrente Ballester con avd. Lugo e da avd. Gonzalo Torrente Ballester con rúa Roma quedarán pechadas ao tráfico entre o 18 e o 22 de setembro en horario nocturno para labores de limpeza e repintado do petril da SC-20. Dous días cortarase o sentido cara a Santiago, e outros dous cara o Polígono do Tambre.
O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.
MOBILIDADE
Cortes de tráfico debido á rodaxe da serie "El caso Asunta" (18, 21 e 22 de setembro)
Os vindeiros 18, 21 e 22 de setembro, as rúas Viena, Xeneral Pardiñas, Doutor Teixeiro, Restollal e Os Loureiros sufrirán restricións na circulación por mor da rodaxe da serie "El caso Asunta".
LUNS 18
- Corte total de tráfico na rúa Viena, dende as 08:30 horas ata as 19:00 horas con desvío dos vehículos. Non afectará ao transporte urbano.
XOVES 21
- Cortes intermitentes de tráfico (5 a 10 minutos) na rúa do Restollal, sentido centro da cidade, para a gravación do percorrido cun vehículo "CAMARA CAR", dende as 15:00 horas ata as 17:00 horas.
- Cortes intermitentes de tráfico (3 a 5 minutos) na rúa Doutor Teixeiro (no cruzamento coa rúa da República de El Salvador), dende as 16:00 horas ata as 19:00 horas e das 21:00 horas ata as 23:30 horas.
- Cortes intermitentes de tráfico (3 a 5 minutos) nas rúas Xeneral Pardiñas (no cruzamento coa República de El Salvador), dende as 11:00 horas ata as 01:00 horas.
VENRES 22
- Cortes intermitentes de tráfico (3 a 5 minutos) na rúa dos Loureiros, dende as 11:00 horas ata as 01:00 horas.
O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.
MOBILIDADE
NOVA DATA para o corte de tráfico na rúa Pastoriza (a partir do 18 de setembro)
A partir do vindeiro luns, 18 de setembro, a rúa da Pastoriza quedará pechada ao tráfico durante aproximadamente 3 meses debido á execución das obras de urbanización e de adecuación das infraestruturas urbanas da vía. O obxectivo desta intervención é a mellora da mobilidade e accesibilidade do barrio da Almáciga na súa vertente oeste e nas súas zonas altas. En concreto, esta fase centrarase nesta arteria principal que se estende desde San Roque ata a praza da Paz, xa en Salgueiriños, e que conecta o barrio co resto da cidade.
Durante os tres meses estimados de duración dos traballos, os vehículos serán desviados cara ás rúas Xoán XXIII e Coímbra.
Transporte urbano
Por mor destas obras, as liñas que circulan pola zona terán que realizar desvíos a partir do 18 de setembro nos dous sentidos de circulación. En concreto, veranse afectadas as seguintes liñas: 1, 4, 5, 6, 6A, 8, 9, C6, P1, P2, P4, P5, P6 e P7.
Na páxina web de Tussa pódense consultar as paradas suprimidas e alternativas para cada liña.
O Concello de Santiago de Compostela prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lle poidan ocasionar.
MOBILIDADE
Corte de tráfico na rúa Pontepedriña de Arriba - O Romaño (15-17 de setembro)
Desde as 19:00 horas do venres 15 de setembro ata as 06:00 horas do domingo 17 de setembro, a rúa Pontepedriña de Arriba (O Romaño) quedará pechada ao tráfico con motivo da celebración do WOS Festival X SON Estrella Galicia na Fundación Laboral da Construción.
O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.
MOBILIDADE
Corte de tráfico na avenida de Xoán XXIII (13 de setembro)
Mañá, mércores 13 de setembro, producirase o corte da avenida de Xoán XXIII, no cruzamento coa rúa dos Castiñeiros, por mor da instalación dun guindastre móbil para unha obra de carácter particular, desde as 10:00 ata as 13:00 horas, aproximadamente.
O Concello de Santiago pregalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Adiamento da sesión de cine ao aire libre da Semana Cultural de Conxo por mor da previsión metereolóxica (8 de setembro)
Por mor da previsión de precipitacións para esta noite, a proxección da película ¡A Todo Tren! Destino Asturias (2021), prevista para as 21:45 na pista deportiva de Cornes, será adiada a unha nova data que se anunciará nos vindeiros días.
O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estes cambios lles poidan ocasionar.
MOBILIDADE
Cortes de tráfico en varias rúas debido á rodaxe da serie "El caso Asunta" (12 e 13 de setembro)
O vindeiro martes 12 de setembro, as rúas Xeneral Pardiñas, República de El Salvador, República Arxentina e Doutor Teixeiro sufrirán restricións na circulación por mor da rodaxe da serie "El caso Asunta". O mércores 13 de setembro os cortes afectarán ás rúas Monte dos Postes, Lisboa, Berlín e Viena, no barrio das Fontiñas.
MARTES 12
- Cortes intermitentes de tráfico (3 a 5 minutos) nas rúas Xeneral Pardiñas (no cruzamento coa República Arxentina) e en República de El Salvador (no cruzamento coa rúa Doutor Teixeiro), dende as 8:00 horas ata as 10:00 horas.
- Corte total de tráfico na rúa República Arxentina, (no cruzamento coa rúa San Pedro de Mezonzo) en na rúa Alfredo Brañas (no cruzamento coa República Salvador), dende as 10:00 horas ata 12:00 horas.
- Cortes intermitentes de tráfico (3 a 5 minutos) na rúa Doutor Teixeiro (no cruzamento coa rúa República Salvador), dende as 12:00 horas ata as 15:00 horas.
- Cortes intermitentes de tráfico (5 a 10 minutos) na rúa do Hórreo sentido avda. Lugo, cara a rotonda de Galuresa, por mor da gravación do percorrido cun vehículo "CAMARA CAR", dende as 16:00 horas ata as 19:00 horas.
MÉRCORES 13
- Corte TOTAL de tráfico na rúa Monte dos Postes, Lisboa, Rúa Berlín e rúa Viena, gravación do percorrido con vehículo "CAMARA CAR", dende as 9:15 horas ata as 11:15 horas.
- Corte TOTAL da rúa Viena dende as 11:15 horas ata as 17:00 horas.
O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.