Los avisos sirven para dar a conocer los comunicados de carácter urgente, licitaciones abiertas, calles cortadas al tráfico y desvíos alternativos.



CONVIVENCIA

Incidencias Policía Local

Xefatura do Corpo
SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
Dende as 08:00 horas do día 27/06/2024 ata as 08:00 horas do día 28/06/2024


--:-- CONTROIS E INSPECCIÓNS: en varias zonas da cidade.
ACCIDENTES DE TRÁFICO, RECLAMACIÓNS DE DANOS, DELITOS CONTRA SEGURIDADE VIARIA E PROBAS DE ALCOL E DROGAS:
• Ás 01:11 horas, ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN, CNP informa dun turismo accidentado e que non se atopa ninguén no seu interior, na rúa Concha Castroviejo. É trasladado ao depósito municipal.
MANIFESTACIÓN: préstase servizo por mor de dúas manifestacións.
13:30 SIMUCLACRO: colabórase co simulacro de evacuación no CSC do Ensanche, sito en Frei Rosendo Salvado.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa das Fontes do Sar (4 e 5 de xullo)

O xoves 4 e o venres 5 de xullo, a circulación da rúa Fontes do Sar vai estar afectada con motivo dos traballos de aglomerado que se levarán a cabo na calzada en horario de 8.30 a 18.30 horas. Durante estes dous días produciranse os seguintes cortes de tráfico:

- O xoves 4, cortarase ao tráfico o tramo comprendido entre a rúa de Londres e a rotonda da rúa do Vieiro, Esta rotonda non se verá afectada, polo que a circulación desviarase a través da rúa de Dublín e a costa do Vieiro para enlazar con ela e volver de novo á rúa das Fontes do Sar.

- O venres 5, o corte xa será total e non se poderá circular pola rúa das Fontes de Sar. O acceso ao barrio do Viso, ás piscinas, ao Multiúsos de Sar e á Cidade da Cultura deberá realizarse a través da circunvalación da autopista ou dende as rúas de Sar e Diego Bernal.

Transporte urbano

Por mor deste corte, no horario indicado as liñas 9, C5 e C6 realizarán os seguintes desvíos:

*XOVES 4/7, de 8:30 a 18:30. Cortarase a rúa Fontes do Sar nos dous sentidos de circulación, no treito comprendido entre a rúa Londres e a rotonda do Vieiro.

-Liña 9 cara Cidade da Cultura e liña C6: desde a rúa Londres desviaranse pola rúa Dublín e costa do Vieiro, retomando na rotonda o seu itinerario habitual cara o multiusos.
Paradas suprimidas:
(297) rúa Londres, instituto. Suprimida para a liña 9.
(494) rúa Fontes do Sar nº 4. Suprimida para as liñas 9 e C6.

-Liña 9 cara pza. de Galicia e liña C5: desde a rotonda do Vieiro desviaranse pola costa do Vieiro e rúa Dublín, rúa Londres e cambio de sentido na rotonda da EGAP para realizar a parada habitual 296 na rúa Londres.
Paradas suprimidas:
(492) rúa das Fontes do Sar. Suprimida para as liñas 9 e C5.

*VENRES 5/7, de 8:30 a 18:30. Cortarase a rúa Fontes do Sar nos dous sentidos de circulación, no treito comprendido entre a rúa Londres e a rúa das Casas da Hedra (despois do viaducto da SC-20).

-Liña 9, traxecto Pza. Galicia - CDC: realizarán o percorrido habitual pola avda. de Lugo, continuando a Bernardo Barreiro, rúa de Sar, Ponte de Sar, Diego Bernal, multiusos e Cidade da Cultura.
Paradas suprimidas para a liña 9 no traxecto Pza. Galicia – CDC:
(88) rúa Londres, centro de saúde
(297) rúa Londres, instituto
(494) rúa Fontes do Sar nº 4
(493) rúa Fontes do Sar, piscinas.

-Liña 9, traxecto CDC - pza. Galicia: realizarán o percorrido habitual ata o multiusos, desviándose por Diego Bernal, Ponte de Sar, rúa de Sar, Bernardo Barreiro, avda. de Lugo, rúa Londres e retomando o itinerario na rúa de Lisboa.
Paradas suprimidas para a liña 9 no traxecto CDC – Pza. Galicia:
(383) Piscinas Fontes do Sar
(492) rúa das Fontes do Sar
(296) rúa Londres (EGAP)

-Liña C5: desde a rúa Ponte de Sar continuará por rúa de Sar, Bernardo Barreiro, avda. de Lugo e retomará o seu itinerario na rúa de Londres.
Paradas suprimidas para a liña C5:
(324) multiusos Fontes do Sar
(383) Piscinas Fontes do Sar
(492) rúa das Fontes do Sar

-Liña C6: desde a rúa París, ao non poder posteriormente acceder á rúa Fontes de Sar, desviarase ao final de París á esquerda cara a rúa de Londres, accederá ao carril de servizo da SC-20 en sentido centro, avda. de Lugo, Bernardo Barreiro, rúa de Sar e retomará o seu itinerario habitual na rúa Ponte de Sar.
Paradas suprimidas para a liña C6:
(494) rúa Fontes do Sar nº 4
(493) rúa Fontes do Sar, piscinas.
(324) multiusos Fontes do Sar

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Cortes de tráfico no barrio de San Pedro por mor da celebración das festas patronais (28 de xuño ao 30 de xuño)

Por mor da celebración das Festas de barrio de San Pedro, pecharase ao tráfico rodado a rúa de San Pedro, entre as 18:00 horas do venres 28 e as 03:00 horas do sábado 29, e a rúa dos Concheiros desde as 18:00 horas ata as 20:00 horas do venres. Tampouco se poderá circular desde as 08:00 horas do sábado 29 ata as 03:00 horas do domingo 30 de xuño por ninguna destas dúas rúas. Ademais, dende o xoves ás 10:00 horas ata o domingo ás 14:00 h, a praza da Cruz de San Pedro estará pechada ao tráfico debido á colocación do camión e a tarima para a orquestra.

Para poder acceder á rúa Angustia, Betanzos e á rúa do Medio, os vehículos que procedan do cruzamento dos Concheiros, farán o percorrido pola rúa do Home Santo, Angustia (invertindo este último tramo) e dende aquí cara a Campo da Angustia ou Betanzos, seguindo o sentido normal de circulación.

Os vehículos da rúa do Medio deberán saír cara a Belvís pola travesa de San Pedro e Calzada de San Pedro.

Os vehículos que saian da rúa Campo do Forno deberán xirar á dereita no cruzamento con rúa de San Pedro, para continuar por rúa de San Pedro cara a rúa da Angustia, rúa do Medio, Calzada de San Pedro e rúa Belvís.

O vehículos que suban pola Costa do Vedor terán que xirar cara á esquerda pola rúa Corredoira das Fraguas, na que o sentido de circulación estará invertido. Residentes e emerxencias poderán acceder á rúa Lagartos a través da Costa do Vedor.

O acceso á rúa Corredoira das Fraguas a través da rúa do Campo de Santo Antonio tamén estará pechado, polo que os coches terán que xirar á dereita cara á rúa Bispo Teodomiro e rúa do Canteiro.

O estacionamento entre os números 89 e 119 da rúa de San Pedro así como na rúa dos Concheiros estará prohibido.

Os desvíos estarán debidamente sinalizados.

Transporte urbano

Con motivo das festas do barrio de San Pedro, as liñas 9, 13, C5 e C11 realizarán os seguintes desvíos:

*Desvío sentido norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):

Nos momentos de corte da rúa de San Pedro, as liñas 13 e C11 desviaranse desde Virxe da Cerca por San Roque, Pastoriza, avda. Rodríguez de Viguri e avda. de Lugo. A liña C11 retomará o seu itinerario habitual cara Fontiñas na avda. de Lugo, e a liña 13 rematará percorrido na parada (86) avda. de Lugo, cruce Quiroga Palacios, desde onde iniciará de novo o servizo.

Paradas suprimidas liña C11: (397) Porta do Camiño; (511) rúa San Pedro nº 58; (219) Cruceiro de San Pedro.

Paradas suprimidas liña 13: (397) Porta do Camiño; (497) San Pedro, igrexa; (498) Calzada de San Pedro, Don Bosco; (499) rúa Belvís, convento; (111) avda. Teodomiro, Seminario Menor; (416) Quiroga Palacios nº 10; (417) Quiroga Palacios nº 54.

*Desvío sentido sur (desde avda. Rodríguez de Viguri a Concheiros – Bonaval - San Roque):

O sábado 29, no momento do corte da rúa Concheiros, as liñas 9, 13 e C5 desviaranse continuando por avda. Rodríguez de Viguri, Anxo Casal, Pastoriza e San Roque, retomando a partir de ahí o seu itinerario habitual.

Paradas suprimidas: (196) Rodríguez de Viguri, acceso Concheiros; (220) Cruceiro de San Pedro; (154) Campo da Angustia; (557) San Domingos de Bonaval; (639) Valle Inclán La Salle.

Todas as paradas do transporte urbano nos percorridos de desvío serán paradas alternativas a realizar polas liñas a demanda de usuarios.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

CONVIVENCIA

Peche temporal do parque infantil da Alameda (1 ao 7 de xullo)

Entre o 1 e o 7 de xullo, o parque infantil da Alameda permanecerá pechado por mor da realización de obras de mantemento no pavimento amortiguador deste espazo.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

TRANSPORTE

Paradas anuladas na rúa de San Caetano o martes 25 de xuño

Con motivo das obras de reasfaltado nas zonas de parada da rúa de San Caetano, as liñas non poderán realizar as mesmas, quedando anuladas no seguinte horario:

*As paradas da rúa de San Caetano quedarán anuladas, o martes 25 de xuño entre as 8:30 e as 18:30, nos momentos en que se estean a realizar os traballos de reasfaltado.
Os usuarios poden dirixirse ás paradas situadas na rúa de Pastoriza ou Anxo Casal (para a liña C2):

-Circulando cara centro cidade: San Caetano, parque – parada alternativa en Pastoriza nº 103A para todas as liñas (1, 4 Cancelas, 6, P4 e P6).

-Circulando cara saída cidade: San Caetano, igrexa – parada alternativa en Pastoriza nº 22 para as liñas (1, 4 Cancelas, P4 e P6) e en Anxo Casal, Xunta, para a liña C2.

O Concello prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poida ocasionar.

MOBILIDADE

Modificacións no tráfico por mor das obras na rúa do Pombal (a partir do 25 de xuño)

O martes 25 de xuño comezan as obras de reurbanización da rúa do Pombal, que se desenvolverán en tres fases e provocarán as seguintes modificacións no tráfico:

En todas as fases:
- a rúa do Pombal estará sempre cortada ao tráfico
- dentro do recinto pechado non habrá circulación de vehículos, excepto servizos e emerxencias.
- iranse habilitando pasarelas para cada un dos portais que se vexan afectados pola urbanización

Fase 1 (26/06 a 01/07, 5 días)
- a travesa do Cruceiro do Gaio estará cortada ao tráfico
- na rúa do Pombal, habilitarase a beirarrúa dereita para o tránsito peonil (en sentido de baixada), e queda inhabilitada a beirarrúa esquerda.

Fase 2 (02/07 a 02/09, 2 meses)
- continúa cortada a travesa do Cruceiro do Gaio
- na rúa do Pombal, habilitarase a beirarrúa esquerda (en sentido de baixada), para o tránsito peonil, e queda a beirarrúa dereita unicamente accesible para residentes e usuarios. Esta situación será permanente ata o final da obra.

Fase 3 (03/09 a 02/2025, 6 meses)
- Habilítase o tráfico pola travesa do Cruceiro do Gaio

CIRCULACIÓNS PERMITIDAS DURANTE TODA A EXECUCIÓN DA OBRA

RÚA SAN CLEMENTE: circulación permitida na rúa de San Clemente e acceso ao aparcadoiro, con único retorno hacia Campo da Estrela.

TRAVESA DO GAIO – GALERAS: circulación permitida de rúa Campo do Cruceiro do Gaio a Cruceiro do Gaio e Poza de Bar. (Travesa do Cruceiro do Gaio, cortada).

TRANSPORTE URBANO

Con motivo deste corte, as liñas 4, 8, 9, C2, C4, P1 e P7 modificarán os seus horarios e percorridos. Todas as modificacións poden consultarse en www.tussa.org.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Direcciones relacionadas

MOBILIDADE E CONVIVENCIA

Incidencias Policía Local

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
Dende as 08:00 horas do día 20/06/2024 ata as 08:00 horas do día 21/06/2024

CONTROIS E INSPECCIÓNS: en varias zonas da cidade.
--:-- ACCIDENTES DE TRÁFICO, RECLAMACIÓNS DE DANOS, DELITOS CONTRA SEGURIDADE VIARIA E PROBAS DE ALCOL E DROGAS:
• Ás 17:10 horas, ACCIDENTE DE TRÁFICO, na praza de España, entre un vehículo e un ciclista que nun principio resultou ileso.
19:54 PAPELEIRA ARDENDO: Na confluencia de praza de Galicia con Fonte de Santo Antonio, procédese a extinguir un pequeno lume no interior dunha papeleira.
FESTAS EN PISOS: acódese a dous pisos, un negativo.

MOBILIDADE

Cortes de tráfico por mor das cacharelas de San Xoán

A Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá informa dos seguintes cortes de tráfico os días 22 e 23-06-2024 por mor das cacharelas a celebrar nestes puntos da cidade. Permitirase o paso a vehículos de emerxencia e persoas residentes da zona:

CORTES DE TRÁFICO PARA O 22/06/2024

Rúa José Antonio Souto Paz
Por mor da celebración da tradicional cacharela-sardiñada a celebrar no barrio de Pontepedriña, pecharase ao tráfico a partir das 18.00 horas a rúa José Antonio Souto Paz.

CORTES DE TRÁFICO PARA O 23/06/2024

Pelamios
Corte de tráfico desde as 15.30 horas dos cruzamentos Morón-Castiñeiros-Pelamios e Burgo das Nacións-Carvalho Calero.

San Pedro
Corte de tráfico da praza do Cruceiro de San Pedro a partir das 18.00 horas. Permitirase o acceso á rúa Lagartos pola parte posterior da praza.
A partir das 20:00 horas pecharase ao tráfico a intersección da Porta do Camiño coa rúa San Pedro.

Algalia de Arriba e Praza de San Miguel
Peche ao tráfico entre as 20.00 horas do 23-06-2024 e as 2.00 horas do 24-06-2024 do tramo que vai entre a Algalia de Arriba e a praza de San Miguel. O acceso das persoas residentes producirase pola entrada da Porta da Pena con saída pola rúa Atalaia.

Conxo
Peche ao tráfico das rúas Campo de Conxo e Sánchez Freire a partir das 20.00 horas e ata o remate da festa

TRANSPORTE URBANO

Por mor destes cortes algunhas liñas do transporte urbano terán que desviarse nalgúns dos seus servizos:

*Corte en Conxo, nas rúas Sánchez Freire e Campo de Conxo: afecta ás liñas 5 e C2.
Estas rúas estarán cortadas a partir das 20.00 do domingo 23.

Debido a este corte, as liñas 5 e C2 realizarán os seguintes desvíos:

-Liña 5 sentido Rocha: despois de García Prieto, desviaranse pola avda. de Ferrol, SC-20 ata a rotonda de Volta do Castro, continuando o percorrido habitual por Poza Real de Abaixo (Sta. Apolonia).
Paradas suprimidas: (575) Sánchez Freire; (155) Campo de Conxo, psiquiátrico; (127) Benéfica de Conxo, Televés; (626) Torrente, cruce Travesa Benéfica; (628) Torrente nº 28.

-Liña 5 sentido Vite: realizarán o percorrido habitual ata a rotonda de Televés, onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, SC-20, e itinerario habitual pola avda. de Ferrol.
Parada suprimida: (412) Campo de Conxo, psiquiátrico.

-Liña C2: despois de García Prieto, desviarase pola avda. de Ferrol ata a rotonda de Conxo e accederá ao hospital Provincial. Á saída do hospital, terá que ir pola SC-20 ata a rotonda de Volta do Castro, continuando por Torrente, Benéfica, cambio de sentido na rotonda de Televés e retomando o itinerario habitual na rúa dos Roláns.
Paradas suprimidas: (575) Sánchez Freire; (155) Campo de Conxo, psiquiátrico.

*Cortes no barrio de San Pedro. A partir das 20:00 pecharase ao tráfico a intersección da Porta do Camiño coa rúa de San Pedro.

-Liña C11: desde Virxe da Cerca irá por San Roque, Pastoriza, avda. Rodríguez de Viguri e avda. de Lugo, retomando o seu itinerario habitual cara Fontiñas na avda. de Lugo.
Paradas suprimidas: (397) Porta do Camiño; (511) rúa San Pedro nº 58; (219) Cruceiro de San Pedro.

Todas as paradas do transporte urbano nos percorridos de desvío serán paradas alternativas a realizar polas liñas a demanda de usuarios.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Horarios de verán 2024 no transporte urbano

O martes 25 de xuño entrarán en vigor os horarios da tempada de verán no transporte urbano.

Este ano destacan dúas actualizacións importantes. En primeiro lugar reforzaranse os servizos das liñas 6 – 6A nos sábados, domingos e festivos para evitar incidencias. En segundo lugar, os horarios de verán coinciden có inicio das obras da rúa do Pombal.

Polo demais, as liñas recuperan os horarios de verán coas reducións habituais da época estival.

Nos vindeiros días estará disponible nos autobuses a modificación de horarios no folleto impreso habitual, e realizarase a substitución da cartelería nas paradas da cidade.

Documentos relacionados

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa das Fontes do Sar (25 de xuño)

O vindeiro martes 25 de xuño, a rúa das Fontes do Sar, no tramo comprendido entre a rúa de Londres e a rotonda da rúa do Vieiro, sentido baixada, vai quedar cortada ao tráfico en horario de 8.00 a 14.00 horas. O motivo son as obras do carril bici que se están a executar neste punto.

O desvío recomendado realizarase a través da rúa de Dublín e da Costa do Vieiro para enlazar de novo coa rotonda e coa rúa Fontes do Sar.

Transporte urbano

Con motivo deste corte, as liñas 9 e C6 realizarán o seguinte desvío entre as 8:00 e as 14:00 do martes 25 de xuño:

*Liña 9 sentido cara Cidade da Cultura e liña C6: desde a rúa Londres desviaranse pola rúa Dublín e costa do Vieiro, retomando na rotonda o seu itinerario habitual cara o multiusos.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas:

(297) rúa Londres, instituto. Suprimida para a liña 9.

(494) rúa Fontes do Sar nº 4. Suprimida para as liñas 9 e C6.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.


Compartir: