CONCELLARÍA DE POLÍTICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES, SAÚDE E CENTROS CIVICOS

Convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares (curso 2018-2019)

Resolución provisional da convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2018/1019.

Data de publicación 18/09/2018

Direcciones relacionadas

EDUCACIÓN

Servizo de comedor escolar e madrugadores

O Concello de Santiago de Compostela puxo en marcha o 12 de setembro de 2018 o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

Todas as familias que solicitaron praza no Rexistro Xeral do Concello de Santiago nos prazos establecidos están admitidas, e comenzarán a facer uso do mesmo na data que indicaron na ficha de inscrición. Non poderán facer uso de xantar e almorzo os usuarios con recibos impagados de cursos anteriores.

Aquelas familias que non solicitaron o servizo e o necesiten, teñen que realizar a correspondente tramitación a través do Rexistro Xeral do Concello, cubrindo o impreso correspondente, que poden descargar da páxina web municipal www.santiagodecompostela.gal (banner de comedores escolares).

Direcciones relacionadas

CONCELLARÍA DE POLÍTICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES, SAÚDE E CENTROS CIVICOS

Convocatoria para a concesión de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo adaptado as persoas con déficits de mobilidade ou que presentan graves dificultades para o uso do transporte colectivo do Concello 2018

Publicación da resolución provisional da convocatoria para a concesión de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo adaptado as persoas con déficits de mobilidade e que non poden ou presentan graves dificultades para o uso do transporte colectivo do Concello de Santiago de Compostela para o ano 2018.

Direcciones relacionadas

CONCELLERÍA DE POLÍTICAS SOCIAIS, DIVERSIDADE, SAÚDE E CENTROS CÍVICOS. CONCELLARÍA DE IGUALDADE

Convocatoria pública para a concesión de subvencións de cooperación ao desenvolvemento 2018

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión celebrada o 31 de agosto de 2018, acordou aprobar as bases reguladoras da convocatoria pública para a concesión de subvencións de cooperación ao desenvolvemento 2018.

As solicitudes presentaranse, no prazo de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
As solicitudes de subvención a esta convocatoria, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, no Rexistro Auxiliar do Ensanche, rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo ou ben en calquera dos lugares indicados no apartado 4), do artigo 16, da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentos relacionados

TESOURERÍA. SECCIÓN DE XESTIÓN

Exposición pública do padrón do IAE e inicio do período voluntario de cobranza do exercicio 2018

Configurado pola Tesourería o padrón do imposto sobre actividades económicas do período impositivo 2018, ao abeiro do artigo 20 da Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público (OXRI), o citado padrón estarán a disposición do público na Oficina de Atención ao Contribuínte sita na Rúa Presidente Salvador Allende nº 4-baixo, durante un prazo de 15 días a contar dende a data da publicación do anuncio, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo.

O período voluntario de pagamento deste tributo será o comprendido entre o 20 de setembro e o 20 de novembro de 2018.

Documentos relacionados

ACCIÓN CULTURAL

Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas na convocatoria aberta de axudas de apoio a procesos e actividades culturais para entidades sen ánimo de lucro 2018-2019

A concelleira delegada de Acción Cultural mediante decreto do 22 de agosto de 2018, acordou, logo de rematar o prazo para a subsanación de solicitudes na convocatoria aberta de axudas de apoio a procesos e actividades culturais PARA ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2018-2019, ordenar a publicación da relación definitiva de solicitudes admitidas (Anexo I), e solicitudes excluídas (Anexo II), con indicación do motivo de exclusión.

Os solicitantes excluídos poden interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Documentos relacionados

EDUCACIÓN

Obradoiros nas escolas infantís municipais. Curso 2018-19

Obradoiros para o curso 2018-2019 nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños.

As persoas interesadas terán que cubrir e presentar o impreso de solicitude no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 Baixo),ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación da solicitude ábrese o día 3 de setembro de 2018. As admisións das solicitudes presentadas polas persoas interesadas, realizarase por rigurosa orde de entrada nos rexistros, referidos con anterioridade. Esta orde de entrada (en canto ao día e hora de presentación) determinará a confección da listaxe de persoas admitidas e excluídas neste procedemento, en atención as prazas dispoñibles, e referidas con anterioridade, en cada Escola Infantil Municipal.

Direcciones relacionadas

ACCIÓN CULTURAL

Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas na convocatoria aberta de axudas de apoio a procesos e actividades culturais 2018/2019

A concelleira delegada de Acción Cultural mediante decreto do 22 de agosto de 2018, acordou, logo de rematar o prazo para a subsanación de solicitudes na convocatoria aberta de axudas de apoio a procesos e actividades culturais 2018-2019, ordenar a publicación da relación definitiva de solicitudes admitidas (Anexo I), e solicitudes excluídas (Anexo II), con indicación do motivo de exclusión.

Os solicitantes excluídos poden interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Direcciones relacionadas

URBANISMO

Anuncio de información pública de modificación de varias ordenanzas municipais

Publicación do anuncio de modificación das seguintes ordenanzas municipais:

- Modificación da ordenanza xeral municipal reguladora da tramitación da emisión e recepción de ruídos, vibracións e condicións dos locais.
- Modificación da ordenanza municipal das terrazas e quioscos da hostalería
- Modificación da ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Bases da convocatoria de axudas para mellora e innovación do comercio local. Anualidade 2018

O obxecto destas bases é regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a mellora e innovación do comercio local na anualidade 2018.

O prazo xeral de presentación de solicitudes iníciase ao día seguinte da publicación desta convocatoria no boletín oficial da provincia da Coruña e rematará o 22 de outubro de 2018.

Documentos relacionados


Compartir: