MOBILIDADE

Os autobuses urbanos volverán transitar pola rúa dos Concheiros a partir do luns 11 de xullo

08/07/2022 O luns 11 de xullo as liñas de transporte urbano retomarán os seus itinerarios pola rúa dos Concheiros:

As liñas 9, 13, C5 e C11 recuperan o paso pola rúa dos Concheiros, e as liñas C2, C4, C6 e C11 en sentido centro cidade continúan a realizar o percorrido actual, modificado tras os cambios de tráfico introducidos coa remodelación da avda. de Lugo.

No documento ao pé da información poden consultarse as paradas de transporte urbano do ámbito destas rúas, así como as liñas que realizan parada en cada unha delas.

Direccións relacionadas



Compartir: