ALCALDÍA

COMUNICADO SOBRE AXUDA A UCRAÍNA: enderezo electrónico para manifestar a dispoñibilidade para o acollemento

10/03/2022 Todas aquelas persoas que queiran manifestar formalmente a súa disposición a acoller ou a destinar recursos habitacionais para o acollemento dos refuxiados procedentes de Ucraína deberán facelo a través do correo electrónico apoyo.ucrania@inclusion.gob.es

O Ministerio de Inclusión, a través da Secretaría de Estado de Migracións, ente encargado da coordinación da axuda, habilitou un enderezo electrónico para aquelas persoas particulares que desexen poñer recursos a disposición dos eventuais refuxiados de Ucraína.

Como se indicou estes días, tendo en conta as recomendacións das distintas entidades oficiais e ONGs que traballan sobre o terreo, o que se precisa agora son recursos habitacionais e non en especie.

O Concello envía a Ucraína 15 toneladas de material doado pola veciñanza de Compostela

O material recadado estes días, procedente das doazóns dos veciños e veciñas da cidade, unha vez clasificado e revisado por Protección Civil, xa foron enviados. En total 15 toneladas de produtos de primeira necesidade como leite e potiños infantís, cueiros e toalliñas, produtos de hixiene, lanternas e pilas, sacos de durmir e tendas de acampada, medicación e material de primeiros auxilios ou alimentos como conservas, pasta, arroz, aceite, auga, cacao, café, galletas, etc.

O venres 4 sairon 6 palés con destino Vilargarcía, onde os recolleu a empresa Rey Procesos de Fundición, que se encargará do seu transporte e distribución a través das súas redes loxísticas tecidas tras anos de estreitas relacións comerciais e industriais con empresarios ucraínos. Outros 16 foron envíados o luns 7 a través da empresa TXT, que traballa coa Embaixada de Ucraína, e outros 12 sairon o xoves 10.

Máis información

A Secretaría de Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización de axudas a ONG e organismos internacionais despregados en terreo:

Coordinadora Española de ONGD

Cruz Vermella, Media Lúa Vermella e Comité Internacional da Cruz Vermella

Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios das Nacións Unidas. Contribución a través do Fondo Humanitario para Ucraína

ACNUR (Axencia das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas)

Información da AECID

Información para desprazados ucraínos

Compartir: